Ourense. A Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) dá o seu apoio para o proxecto do centro de Intelixencia Artificial en Ourense

O proxecto para a creación dun centro de intelixencia artificial na cidade de Ourense vai sumando apoios. Se onte era a Universidade de Vigo, hoxe é a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) a que, a través do director do seu centro asociado en Ourense, Jesús Manuel García, manifestaba a súa intención de apoiar este proxecto. Nunha xuntanza entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o equipo directivo da institución educativa en Ourense, saíu esta mañá o compromiso para unha reunión formal co equipo de goberno da UNED en Madrid.

A UNED conta cun departamento de Intelixencia Artificial dentro do grao de Enxeñería Superior de Informática, que ve con bos ollos o proxecto que pon sobre a mesa o goberno municipal. O rexedor considera que este apoio “é o espaldarazo definitivo” e unha noticia moi boa para a cidade.

 De esquerda a dereita: Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense; Jesús Manuel García, director do centro asociadpo da UNED en Ourense; e María Concepción Álvarez, secretaria do centro asociado da UNED en OUrense.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.