Problemática de A Vaquería (Budiño – Porriño)

O xoves día 11 de xullo a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia vai recibir a Xuntos Porriño, para intentar buscar unha solución ao conflicto xurdido no barrio da Vaqueria pola mala señalizacion existente na PO 510, e que supón un grave risco para os veciños e as veciñas da cidade 

Depois de que desde o Concello do Porriño leven mareando a os veciños e as veciñas con contos pra non durmir, botando a pelota de tellado en tellado, e nun último acto esperpéntico da Alcaldesa, enviando unha carta a Xunta para xustificarse ante eles, porque non lle vai quedar máis remedio que manifestarse o lado dos veciños ante a presión de estos, un partido pequeno, recén chegado o Porriño, e sen poder institucional, consigue que en apenas dúas semanas a Xunta os reciba para buscar unha solución o problema.

A diferenza estriba, básicamente, en que Xuntos Porriño viu a facer política para e por os veciños e as veciñas, e non para facer política de portas adentro è en beneficio propio. Xuntos Porriño está para resolver, o a lo menos intentar resolver, os problemas do Porriño, e iso imos facer…o xoves día 11 na delegación de Vigo, reunirémonos coa Xunta para avanzar na solución a un problema que con vontade entendemos sinxelo de resolver.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.