Riazor será escenario esta fin de semana da III Bandeira Cidade da Coruña de traíñas

Un total de 16 embarcacións, 12 masculinas e 4 femininas, disputarán a acreditación das ligas Euskolabel e Euskotren. O retorno económico que deixou a ACT na Coruña en 2018, segundo o estudo de impacto realizado pola escola de turismo, foi de máis de 1.000.000 de euros

Esta fin de semana, A Coruña recibirá por terceiro ano consecutivo a liga Euskolabel, máis coñecida como liga ACT, así como a liga feminina Euskotren, que disputarán a III Bandeira Cidade da Coruña, unha oportunidade para desfrutar da posta en escena das embarcacións vascas, cántabras e galegas de primeira división de remo nacional loitando por unha acreditación que as converta en gañadoras dun campo de regateo que reproduce o traxecto que facían no pasado os mariñeiros para desenvolver a súa actividade pesqueira.

A alcaldesa Inés Rey destacou o interese desta competición por recrear aquelas rutas: “É moi simbólica e estamos encantados de recibir o campionato esta fin de semana”, sinalou a rexidora, que animou a xente de fóra da Coruña a visitar a cidade con motivo deste acontecemento deportivo.

IMPACTO ECONÓMICO

Finalmente, é importante sinalar que o retorno económico que deixou a ACT na Coruña en 2018, segundo o estudo de impacto realizado pola escola de turismo, foi de máis de 1.000.000 de euros, tendo en conta a asistencia estimada dunhas 8.000 persoas, cunha estadía media de 4,31 días e unha media de gasto de 65 € por día.

Ademais, segundo os datos achegados pola Euskal Label, a regata na Coruña acadou unha audiencia do 17,2% de share en ETB, feito que supón un grande impacto mediático do destino A Coruña en Euskadi, quinta comunidade emisora de visitantes á nosa cidade. Polo tanto, o interese turístico das competicións da liga ACT é de gran relevancia para consolidar A Coruña como cidade de celebración deste tipo de eventos.

A Liga ACT naceu en 2003, tras o acordo acadado polos gobernos de Asturias, Cantabria, Galicia e Euskadi para apoiar e impulsar unha disciplina deportiva e histórica do norte do estado.

Un total de 16 embarcacións, 12 masculinas e 4 femininas competirán desde o sábado ás 18.00 horas pola III Bandeira Cidade da Coruña na praia de Riazor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.