Santa Cristina, Santa Cruz e Mera acollerán o III Festival de Artes Escénicas na Rúa esta próxima fin de semana

Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do municipio servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro… A terceira edición de Rúa Ext-cénica  transformará as rúas de Oleiros en escenarios propicios para provocar a interacción social co público no marco dun ambiente festivo

VENRES 12 DE XULLO

Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 19:30 horas.

Kanbahiota realiza o primeiro pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.

As parábolas de Pakolas. Praza do Castelo, ás 20:15 horas.

Concerto e narración de contos infantís a cargo de Pakolas.

Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 21:30 horas.

Kanbahiota realiza o segundo pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.

SÁBADO 13 DE XULLO

Ricki, el profesor de tenis. Praza Esther Pita, ás 20:00 horas.

A Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite.

Concerto de Vodoo e Lilaina. Praza do Castelo, ás 21:00 horas.

Música do dúo feminino Vodoo que mestura a música tradicional galega con blues, soul e funk e do grupo de pandeireteiras Lilaina.

DOMINGO 14 DE XULLO

Rojo estándar. Praza da Lagoa, ás 12:30 horas.

La Nördika realiza un espectáculo de circo e danza.

Danza contemporánea. Parque José Martí, ás 21:00 horas.

Ánxela Blanco representará Voo; Entremans, Instante gradual e La Macana pechará a xornada con Ven.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.