Unha campioa de Europa que repite como burelista

A ala coruñesa Lucía Gómez repetirá como burelista en 2019-20, na súa segunda campaña na bisbarra da Mariña

Luci, unha das habituais da Selección Española, coa que se proclamou campioa de Europa (Portugal 2019) xunto á tamén laranxa Peque, convértese na sexta cara coñecida do bloque, con Ana Romero, Cilene, Bea Mateos, Dany e a propia Peque.

A 19 burelista incorporouse á escuadra das Guerreiras a tempada pasada dende o Ourense Envialia FSF; tan só perdeu 3 partidos en toda competición de liga e anotou 13 dianas. Na XIII Copa Galicia selou a vitoria e título fronte ao seu ex-equipo co definitivo 0-3, tras dobrete de Peque.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diez + 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.