A Deputación de Ourense inicia o expediente para o outorgamento da medalla de ouro da provincia a Acisclo Manzano

 A Deputación de Ourense inicia o expediente para o outorgamento da medalla de ouro da provincia ao escultor ourensán Acisclo Manzano, logo de que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, anunciara na celebración da “XI Festa da Palabra”, o pasado 20 de xullo na Insua dos Poetas, que proporía ao escultor ourensán para “a máis alta distinción que a Deputación concede aos mellores fillos da terra ourensá”.

 Este recoñecemento da institución provincial pretende homenaxear a recoñecida traxectoria de Acisclo Manzano Freire, nado en Ourense, académico numerario da Real Academia de Belas Artes, escultor ourensán de prestixio, que o fixo merecente da medalla nacional de Arte Xuvenil ou do Premio Otero Pedrayo, entre outros.

Petroni ENTRADAS

Por elo, a Deputación de Ourense dispón incoar o expediente para o outorgamento da medalla de ouro da provincia de Ourense ao insigne ourensán Acisclo Rogelio Manzano Freire. Designar á deputada provincial Patricia Torres como instrutora do caso que será asistida polo asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, que actuará como secretario do expediente. E, por último, solicitarlle á comisión informativa de Cultura, Deportes e Mocidade, que ditamine favorablemente a ratificación, por parte do Pleno da Deputación, da decisión de iniciar o dito expediente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.