A Deputación de Ourense ultima o plan da Rede Viaria Provincial do 2020 das vías provincias que superan os 1.850 quilómetros

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, reuníronse no Pazo Provincial, para ultimar as actuacións que se levarán a cabo na Rede Viaria Provincial no ano 2020 que inclúen traballos de mellora e ensanche, acondicionamento de firme, pintura e sinalización, para o mantemento das vías provincias que superan os 1.850 quilómetros.

 A novidade que o goberno provincial incluirá, no marco destas actuacións, consiste na adecuación dos tramos que discorren pola Vía da Prata do Camiño de Santiago, co obxectivo de preparar este itinerario para o ano Xacobeo 2021. Esta adecuación das vías levarase a cabo a través de sinalización ou mediante sendas peonís en aquelas estradas onde sexa posible.

foto cova rey cintolo

Na xuntanza ambos destacaron tamén os traballos que se desenvolverán en zonas rurais cos que a Deputación de Ourense pretende fomentar a actividade económica destes lugares, así como o enlace con vías de alta capacidade. Outra das actuacións que terá continuidade no vindeiro ano son as obras na estrada Vilardevós – Vilarello da Cota cunha importante dotación orzamentaria, o que sumado aos 372.000 euros do ano 2019, máis os 150.000 euros do ano 2018, farán que o compromiso do goberno provincial coa veciñanza de Vilardevós sexa unha realidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.