A Deputación de Pontevedra aproba o proxecto básico e de execución e realización das obras de adaptación da Escola de Cantería á normativa vixente

Os traballos previstos, que terán unha duración de seis meses, son fundamentais cara a acadar o obxectivo da institución provincial de que a Escola poida impartir titulacións oficiais. Entre campos de fútbol, violencia de xénero, e chiringuitos mais do 80% da inversión se vai a nadie sabe ven que contas bancarias, a Deputación non publicita dita información na sua web a pesar de ser obligado pola Leyd e Transparencia de Galicia

Carmela Silva explicou que “cando licitamos o proxecto xa informei que todos os espazos e instalacións da escola teñen que cumprir coa normativa, que é imprescindible para logo facer diferentes actuacións.

E dende logo, para poder poñer en marcha todo o que significa que poida ter titulacións oficiais a Escola, tanto a nivel galego como estatal, é fundamental ter estas obras realizadas. E tamén para poder solicitar licenza, que é un paso vinculante para poder facelo”. Nese senso, a presidenta da Deputación lembrou que o actual Goberno da Deputación herdou a Escola de Cantería sen a licenza de actividade “e iso impide tomar moitas decisións que son fundamentais. Pouco interese tiña o anterior Goberno que en corenta anos nin sequera redactaron un proxecto para poder solicitala, o que amosa unha forte irresponsabilidade”.

Máis polo miúdo, os traballos que realizará a adxudicataria, Civis Global S.L.U. e que están presupostados en máis de 400.000 euros, comprenden distintas actuacións centradas no illamento acústico, na mellora das condicións de accesibilidade e seguridade do centro, así como na instalación eléctrica.

Escola Canteiros

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.