A Xunta “patrocinou” con 10.000 euros ao RC Deportivo pola organización do Teresa Herrera

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou o contrato de patrocinio dos eventos, LXXIV Trofeo Teresa Herrera masculino e VII feminino do Real Club Deportivo de La Coruña, xunto ao presidente da entidade Francisco Martínez Zas. Segundo este contrato de patrocinio, a Xunta de Galicia concede ao club coruñés un total de 10.000 euros.

O mandatario galego subliñou a importancia dun trofeo  “de case tres cuartos de século de historia e que ademais de ser o decano dos trofeos estivais do fútbol español, leva desde 2013 celebrando a súa modalidade feminina, unha decisión inmellorable ante todas as mulleres que, animadas por tantas galegas que triunfan no deporte rei, practican fútbol a día de hoxe”.

O Trofeo Teresa Herrera feminino comezou a disputarse en 2013 con triunfo do Vitoria CF sobre o Orzán SD no campo da Grela. A partir de entón disputouse sempre no Estadio Municipal ABANCA Riazor, con éxito para o Vitoria CF (2014, contra o Boavista portugués), Raio  Vallecano (2015, ante o Vitoria CF), Deportivo ABANCA (2016, fronte ao Vilarreal) e as dúas últimas edicións para o Athletic Club fronte ao Dépor. Este ano, o partido polo Teresa Herrera feminino disputarano o Dépor ABANCA ante o VDE  Granadilla Tenerife, cuarto clasificado da liga Iberdrola a pasada tempada, mentres que o trofeo masculino enfrontará ao Real Club Deportivo de La Coruña e ao Real Betis Balompié.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.