A Xunta reforzou a seguridade da LU-633 nas travesías de Paradela, Samos e Triacastela, cun investimento de 84.500 euros

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se instalaron pasos sobreelevados e outras medidas orientadas a reducir a velocidade

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a rematar os traballos de reforzo da seguridade nas travesías de Paradela, Samos e Triacastela, correspondentes á estrada LU-633, nos que inviste 84.500 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as actuacións  consisten no reforzo das medidas de seguridade en ambos treitos, incidindo na sinalización e nos elementos redutores da velocidade. A obra atópase na súa última fase, pendente tan só do repintado das marcas viarias na travesía de Samos que está en execución estes días.

As obras comezaron en Paradela, onde se actuou en 1,1 quilómetros -entre os puntos quilométricos 63,500  y 64,600-; posteriormente executáronse en 1,2 quilómetros en  Triacastela -entre os puntos quilométricos 26,700 e 27,90-, e finalmente estanse rematando  en 1,7 quilómetros no núcleo de Samos, entre os puntos 36,500 e 38,200.

En concreto, ao inicio das travesías, e en ambos sentidos, instaláronse carteis de advertencia e bandas transversais de alerta. En Paradela instaláronse catro pasos de peóns sobreelevados, mentres que en Samos e Triacastela situáronse dous pasos sobreelevados e un lomo de redución de velocidade.

Ademais destas medidas, no treito de Samos reduciuse a velocidade máxima permitida de 50 quilómetros por hora a 40 quilómetros por hora, prevención que resultaba aconsellable polas características do trazado da vía.

A Consellería de Infraestruturas atende deste xeito as peticións dos concellos de Paradela, Triacastela e Samos, así como da Asociación de Comerciantes desta última localidade, da que partiu a solicitude en primeira instancia. Cabe ter en conta que nestas travesías é frecuente atopar peóns, no caso das dúas últimas numerosos peregrinos dado que son   enclaves importantes do Camiño Francés.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.