Arbo preséntase como un destino único para este verán

O Concello de Arbo anima a visitar a vila durante estes meses para gozar da súa gastronomía, hostalería, paisaxes, cultura e festexos

Arbo preséntase este verán como un dos destinos máis atractivos para visitar polo seu importante valor etnográfico, natural, patrimonial, gastronómico e tamén cultural e de lecer, coas múltiples actividades que se organizan durante todo xullo e agosto. Ademais durante os días 10 e 11 de agosto celébrase a “XXIX  Festa dá Lamprea Seca”, uns días nos que Arbo volverá converterse na capital mundial da lamprea, alongando así a tempada de consumo deste prezado peixe. Serán dúas xornadas festivas de exaltación deste afamado produto e celebrarase como é habitual na “Carballeira de  Turbela”, onde se poderá degustar nos postos habilitados lamprea seca por racións nos seus diferentes estilos: asada,  rebozada, rechea, en empanada… acompañada dos mellores viños con  denominaciónn de orixe Rías Baixas. Tanto as racións de  lamprea como o exquisito viño véndense a prezos populares. Ademais organizaranse durante toda a fin de semana diversas actividades como o festival Cantos de Taberna, o concerto da “Banda de Nash” ou unha “ Andaina popular”, que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

Pero non só durante eses días podemos gozar de actividades e festas; a través do programa “Verán Cultural”, os veciños e veciñas de Arbo, por suposto os visitantes tamén, poden participar nas máis de corenta actividades para todos os públicos programadas para estas datas. Unha combinación de citas de carácter lúdico, cultural e de entretemento que permiten “uns meses intensos cheos de sorpresas e actos, onde os veciños e visitantes de Arbo non teñen tempo de aburrirse”, asegura Horacio Gil, alcalde da vila. O cartel do “Verán Cultural” reflicte múltiples actividades para pequenos e maiores que inclúe

concertos, charlas, camiñadas polos inmellorables roteiros que transcorren por Arbo, as Festas de “San Roque” ou actividades tan divertidas como unha festa da escuma, na piscina ou cinema na rúa.

Arbo tamén dispón dunhas modernas e remodeladas piscinas municipais para refrescarse durante as horas de máis calor. Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para os nenos, aseos e vestiarios. Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e tenis, mesas de  ping  pong e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber.

Ademais da  lamprea, outra dos acenos de identidade de Arbo son os viños. Con denominación de orixe Rías Baixas, Arbo conta cun  microclima propio. A influencia atlántica da que gozan estas terras, con temperaturas suaves e precipitacións abundantes, permítelle, dispoñer das horas de sol necesarias para que as uvas alcancen o seu punto exacto de madurez e chegado o momento, poida dar un viño de excepcional calidade lexitimado por unha historia secular. Un total de dez adegas conforman a industria do viño en Arbo, sendo a actividade vitivinícola base da economía para os  arbenses, que de forma tradicional seguen mantendo os seus viñedos e os seus viños. Do mesmo xeito que sucede co propio municipio, ofrecen magníficos contrastes. Variedades como o caíño,  brancello,  espadeiro e  pedral, dan como froito un apetecible tinto. Albariño, Torrontés, Treixadura ou Loureiro, brindan viños brancos de exquisito padal e delicada fragrancia,  monovarietales de albariño e  polivarietales de albariño  treixadura e loureira, que, do mesmo xeito que sucede cos demais brancos de Denominación de Orixe Rias Baixas, son secos, intensamente  afrutados e cun  retrogusto moi fino e prolongado.

Se  o que se busca é sentar nunha boa mesa a comer, os restaurantes de Arbo son unha opción estupenda para gozar da gastronomía típica local que fará as delicias dos padais máis esixentes. Son máis dunha decena de restaurantes onde poder degustar infinidade de pratos e como non tamén o noso produto estrela: a  lamprea. Unha curiosa especie de peixe que leva existindo máis de

500 millóns de anos e que atopou no noso Miño uno dos mellores ambientes para desenvolverse. Non existe constancia doutro pobo no mundo que teña unha tradición tan antiga e arraigada ao redor desta especie. En Arbo pódese probar a  lamprea todo o ano e no verán, a partir da  lamprea seca ofrecemos outras elaboracións. Por exemplo, rechea,  guisada con  fideos e  tirabeques, frita, asada á brasa, en empanada…

As nosas casas de turismo rural, ademais de aloxamento, tamén ofrecen menús a base de  lamprea.  O municipio de Arbo que se atopa situado no corazón dunha das máis belas comarcas da provincia de Pontevedra-, é isto e moito máis. Atopamos pazos de gran valor, moitos convertidos en adegas ou aloxamentos de turismo rural, unha ponte  románico que foi testemuña dunha gran batalla entre o exército napoleónico e os  arbenses ou mostras de arte como as pinturas murais da igrexa de  Sela. Os seus preciosos roteiros de sendeirismo serven para evadirse e apreciar a beleza do Miño e a vexetación deste privilexiado recuncho, e as súas empresas de turismo de aventura converten en inesquecible a visita para os máis intrépidos. Arbo  aúna cultura, tradición, gastronomía e paisaxe, así que está claro por qué duplican a poboación cada ano durante a tempada estival.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + dieciseis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.