Artistas e activistas de Amnistía Internacional presentan mañá “Nai dos Desterrados” na feira da historieta de Viñetas desde o Atlántico

A ONG edita por terceiro ano consecutivo esta banda deseñada da que se están a repartir un millar de exemplares. A presentación será MAÑÁ, ás 18.30 horas, na caseta de presentacións da Rúa da BD, no Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico

Autores do fanzine “Nai dos Desterrados” e activistas do grupo local de Amnistía Internacional presentarán mañá a terceira edición desta banda deseñada. O acto terá lugarás 18.30 horas na carseta de presentacións da Rúa da BD de Viñetas desde o Atlántico.

Esta iniciativa non podería ser posible sen a colaboración desinteresada de artistas como Xulia Pisón (portada); Uxía Larrosa; Paula Esteban; Miguel Angel Vilas; Lía Rodríguez; F. Peral; Diego Burdío e Senso (María Gil e Nour Al-Hussen). Coa súa particular visión, contan historias de defensores/as dos Dereitos Humanos como Atena Daemia, ou fan referencia ao cambio climático, Siria, migración, refuxiados ou Chealsea Manning, só por citar algunhas das temáticas elixidas.

Durante a presentación, os artistas participantes explicarán que lles levou a colaborar con este fanzine e por que optaron por unha determinada temática. Ao finalizar, firmarán exemplares.

Amnistía Internacional reparte un millar de exemplares de balde nas casetas e tendas físicas de Alita Cómics (A Coruña), A Gata Tola (Santiago de Compostela Banda Deseñada (Vigo), Libraría Paz (Pontevedra), Totem (Lugo) e Sindicato del Cómic (Ourense).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.