As Pontes acollerrerá o 15 de agosto a Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña. Por primeira vez a Bandeira contará con unha categoría feminina

O lago das Pontes será o escenario da I edición feminina e da XXX masculina da Bandeira de Traiñas da Deputación da Coruña. O evento terá lugar o vindeiro xoves, 15 de agosto, ás 11,30 horas e contará, na categoría feminina, coa participación dos clubs Cabo de Cruz, Regatas de Perillo, Naútico de Ribeira e Mar de Mugardos.

Pola súa banda, na categoría masculina serán nove clubs os que loiten por conseguir a bandeira: Cabo de Cruz, Ares, Mariñeiro de Mera, Rianxo, Perillo, Cabana-Ferrol, Mar de Mugardos, Muros, Esteirana de Remo.

Este ano será a primeira vez que catro clubs composto por mulleres se estrenen nas augas pontesas para acadar o primeiro posto da competición.

QUENDAS:

FEMININO

ÚNICA QUENDA – 11,30 horas

MASCULINO

1ª QUENDA – 12,00 horas

A Cabana-Ferrol

Esteirana de Remo

Regatas Perillo

Mar de Mugardos

2ª QUENDA – 12,30 horas

Cabo de Cruz

Ares

Mariñeiro de Mera

Rianxo

Muros

Este ano, os premios ascenderán a 20.800 euros, que se repartirán entre as dúas categorías, con contías que variarán entre os 2.500 euros para os primeiro e 800 € para o noveno clasificado. Os premios terán a mesma contía para os catro primeiros clasificados, tanto na categoría feminina como masculina.

A Competición está organizada pola Deputación da Coruña e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do concello de As Pontes, sendo esta edición a primeira que non se desenvolve en augas costeiras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.