Balseiro clausurou o obradoiro de emprego Comarca dos Ancares, no que se formaron 20 persoas en especialidades do sector da construción

O delegado territorial de Lugo sinalou que a Xunta investiu preto de 320.000 euros neste programa, que serviu tamén para mellorar edificios e espazos públicos en Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe o obradoiro de emprego “Comarca de Ancares”, que compartiron os concellos de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu preto de 320.000 euros neste programa, que proporcionou formación teórica e práctica a unha vintena de persoas en especialidades relacionadas co sector da construción: Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, albanelaría, fábricas e cubertas (10 alumnos traballadores) e Operacións de Formigón (outros 10).

Os participantes adquiren tamén experiencia laboral e contan cun contrato de traballo durante os nove meses en que se desenvolve o obradoiro. Nese tempo, realizan importantes obras e servizos nos municipios que os acollen.

Neste caso, traballaron no acondicionamento do edificio de servizos múltiples de San Román, en Cervantes; restauraron as fontes de Paradela e Mera, en Navia de Suarna, e as de  Vilanova e Modreiro, en Pedrafita do Cebreiro; e en Triacastela acondicionaron o camiño de Pasantes e reconstruíron os muros de peche escola de Vilar.

A Xunta financiou nos últimos meses na provincia 20 obradoiros de emprego, dous deles dirixidos á mocidade -en Ribadeo e Lugo-. Involucraron a 50 concellos, supuxeron un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e sumaron 472 contratacións.

Xa está en marcha unha nova convocatoria deste programa polo que proximamente comezarán os novos obradoiros coa previsión de continuar executando proxectos de interese para os municipios lucenses.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 − catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.