Balseiro entrega os diplomas aos participantes do obradoiro dual de emprego Ulla-Miño, formados en albanelaría e xardinaría

O delegado territorial  de Lugo sinalou que a Xunta investiu 330.300 euros neste proxecto, incluíndo incentivos para a contratación de nove persoas durante tres meses más en empresas locais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego Ulla-Miño, que ofreceu formación e emprego a 20 alumnos traballadores, a metade deles na especialidade de Fábricas de albanelaría e a outra na de Mantemento de xardíns e zonas verdes.

Balseiro explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 330.300 euros nesta iniciativa, compartida polos concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín.

Acompañado por alcaldes e representantes dos municipios implicados, Balseiro subliñou que o obradoiro proporcionou nos últimos nove meses experiencia laboral cun contrato de traballo aos 20 alumnos, e contempla a contratación de nove dos participantes en empresas locais durante tres meses máis.

O delegado salientou que os obradoiros son unha das ferramentas máis demandadas dentro das políticas de emprego da Xunta, xa que por un lado favorecen a adquisición de experiencia laboral a través dun contrato de traballo e por outro desenvolven obras ou servizos de interese xeral e social para os concellos.

Neste caso, entre as obras realizadas cabe destacar a terceira fase da rehabilitación dunha  edificación tradicional en Santa Mariña, en Antas de Ulla, para destinala a local social;   o acondicionamento da planta baixa do antigo centro de saúde de Monterroso para oficinas municipais, a mellora de masas forestais e zonas verdes como o paseo fluvial de Ponte Roxan e  a área Recreativa Os Chacotes en Palas de Rei, a humanización do entorno da igrexa de San Nicolás de Portomarín, ou a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol da  Medela en Taboada.

Nos últimos meses desenvolvéronse na provincia 20 obradoiros de emprego, que involucraron a 50 concellos, supuxeron un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e sumaron 472 contratacións. Xa está en marcha unha nova convocatoria deste programa polo que proximamente poranse en marcha novos proxectos nos municipios lucenses.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.