Cinema na rúa en Arbo

Proxectarase a película “Campións” o vindeiro mércores 14 de agosto ás 22 h na Praza do Concello

A comedia española “Campións” proxectarase nunha sesión de cinema na rúa organizada polo  Concello de Arbo. A cita será o vindeiro mércores 14 de agosto ás 22 h na Praza do  Concello. É unha película dirixida por Javier  Fesser que conta a historia dun adestrador de baloncesto que deberá facerse cargo do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual, que gañou doce campionatos de España entre 1999 e 2014.

Esta actividade márcase dentro do “Verán cultural”, un cartel de máis de corenta actividades encamiñadas a fomentar a participación dos veciños e veciñas de Arbo e tamén o turismo que visita Arbo nestas datas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho + cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.