Comunicado de Independentes por Monterroso solicitando a dimision dos tres concelleiros “rebeldes”

Queridos amigos/as:

1- Dende o Grupo de Independentes por Monterroso, en primeiro lugar queremos decirlles, que O PROXECTO SEGUE EN PÉ, e aínda conserva toda a súa forza e vixencia. Fomos 14 os compoñentes inciais do grupo, dos cales 10 seguimos dándolle a nosa absoluta e incuestionable confianza, o noso cabeza de lista e agora alcalde D. Antonio Gato Soengas.
2- Non entendemos e vemos incomprensible, o linchamento persoal hacia o noso cabeza de lista, non se entende, a non ser que haxan intereses ocultos que se nos escapan, tales como crear un clima político adecuado a posibles futuras actuacións, que nada teñen que ver coa gobernanza municipal, a isto so cabe dicir que hai un xuiz chamado tempo, que será o que dictará sentenza.
3- Entendemos que dende a celebración das eleccións, a corporación estaba fragmentada, o que obligaba a constituir alianzas necesarias, para impulsar o desenvolvemento do noso concello.
Neste sentido parécenos que o mellor camiño era cooaligarse ou chegar a acordos co Partido Popular, e temos que dicir, en honor a verdade, que o PP e o seu cabeza de lista D. Eloy Pérez Sindín, tamén así o entenderon.
Nos estabamos seguros de que esta alianza, iba a producir importantes logros que redundarían en beneficio de todos.
Aplaudimos o comportamento do Partido Popular e especialmente do seu cabeza de lista.

4- Por outro lado, creeemos que é deber e obligación do alcalde, reunirse con tódolos sectores económicos e sociais, e tamén cos empresarios do concello, que son ferramenta importante da economía local, intentando insinuar a opinión pública outro tipo de actuacións.
Este foi un camiño ben equivocado, por certo, porque na dilatada traxectoria política do noso cabeza de lista, a honradez e servicio os cidadáns, foron sempre a súa bandeira.

5- Tamén estamos completamente convencidos de que o noso cabeza de lista, os seus 74 anos, atópase en plena forma, para traballar por e para os cidadáns, independentemente da sua ideoloxía, e como non pode ser doutra maneira, poñerá todo o seu ímpetu para que no noso concello, se viva en armonía e non nun permanente confrontamento.

6- Por último, os abaixo firmantes, SOLICITAMOS as persoas electas baixo as nosas siglas nas últimas eleccións municipais, e que públicamente mostraron que non daran apoio o noso cabeza de lista e Alcalde D. Antonio Gato Soengas, QUE ABANDOEN OS SEUS CARGOS DE CONCELLEIROS E CONCELLEIRA, ante a perda de confianza neles, a fin de que sexan outros membros os que pasen a desempeñar esta labor coa debida honestidade e lealtade.

Monterroso, a 17 de agosto de 2019.

M.ª Carmen Conde López. José Luis Fraga Torres. Ana Negro García. José Quintás Fraga Esther García Soengas. Carlos López García. Manuel Vázquez Castro. Victoria Antas Pérez. Cristina Fente Ulloa. Avelino Gavieiro Rivas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.