Deputación de Ourense e Concello de Vilar de Barrio organizan unha andaina nocturna a San Mamede para ver as Perseidas

O goberno municipal do Concello de Vilar de Barrio segue apostando por poñer en valor a Serra de San Mamede como unha das posibles vías para frear o devalo demográfico que sofre o municipio nas últimas décadas. “Traballamos en converter Vilar de Barrio nun lugar atractivo para vivir, promovendo hábitos de vida saudables, actividades deportivas para todos os públicos e servizos de conciliación familiar. Pero tamén necesitamos explorar novos campos de desenvolvemento para procurar afianzar poboación ao tempo que atraemos outra xente nova”, matiza Manuel Conde.

 Con este obxectivo o rexedor lanzou o pasado mes de xullo o programa “Un verán na Serra” que combinaba actividades lúdicas, deportivas e de ocio, co inicio dun programa de investigación “que sirva para explorar as potencialidades da Serra de San Mamede como motor de desenvolvemento local futuro”, sentencia o alcalde.

 No marco deste programa realizáronse nas últimas semanas diferentes obradoiros da memoria nas aldeas de Rebordechau, Prado, Porto e Arnuide. Centos de persoas achegáronse a estes encontros para realizar unha primeira cartografía dos problemas da Serra, as súas oportunidades e ameazas.

  Superada agora esta primeira fase diagnóstica, na que seguiremos traballando nos próximos meses, queremos lanzar unha oferta de actividades lúdicas propias do verán. A primeira o próximo venres 9 de agosto convidando a todo o mundo a gozar das fermosas Bágoas de San Lourenzo a máis de 1600 metros sobre o nivel do mar”, apunta Manuel Conde.

 

foto cova rey cintolo

O programa desta actividade comezará ás 18:00h do venres na aldea de Rebordechao, dende onde se inicia o ascenso guiado pola montaña ata o alto da serra. Toda vez alí, cea incluída, os participantes poderán contemplar as Perseidas da man de especialistas que ofertarán tamén a posibilidade de recoñecer o firmamento con varios telescopios.

  “Queremos que ao rematar este verán a nosa veciñanza de Vilar de Barrio mire con outros ollos a súa serra. Ben como ese lugar de esparexemento, ben como o recurso para un desenvolvemento sostible do municipio. Antes en exclusiva vinculados ao sector primario e agora abrindo a porta a outras posibilidades”, finaliza Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete − seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.