Destacada actuación Alba Gómez Mesías, do Club Natación Arteixo no Campionato de España de Natación Absoluto Open

Rematado o Campionato de España de Natación Absoluto Open de verán que se celebrou en Terrassa, dende o 3 ata o 7 de agosto, Alba Gómez Mesías, do Club Natación Arteixo  obtivo moi bos resultados, participou en catro probas, nas que acadou catro mellores marcas persoais e 3 postos de finalista.

Nesta ocasión Alba centrouse nas probas de crol. Nadou as distancias de 50, 100, 200 e 400. Pasou á final B nas probas de 100 e 400 libre, rebaixou os seus rexistros persoais e acadou os postos 13º absoluto e 6º absoluto mozo no 100 libre, e 9º e 6º na proba de 400 libre.
Pero o máis salientable reservouno para o último día do campeonato, na proba de 200 libre, nadou moi ben as eliminatorias, entrando na final A. Esta final foi moi competitiva, e Alba soubo defendela ata a última brazada, facendo a súa mellor marca persoal, 2.03.88 e acadando o 4º posto absoluto e o 2º absoluto mozo.
Este evento marca o final da tempada 2018/2019 para todo o Club Natación Arteixo, descansarán para comezar en setembro un novo ciclo, no que de seguro seguirán dando de que falar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.