@eventuais_loita. Os socialistas lucenses denunciarán no Parlamento as condicións de traballo d@s enfermeiros eventuais

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo e Deputada Autonómica,  Patricia Otero, a Voceira de Sanidade do PSOE no Congreso, Ana Prieto e a Secretaria  de Sanidade da Executiva Provincial, Carmen Gómez, mantiveron esta mañá, na sede do Partido Socialista en Lugo, un encontro co colectivo sanitario “Enfermeiros Eventuais en loita”, para coñecer as súas reivindicacións, xa que denuncian unha alta taxa de inestabilidade e precariedade laboral na sanidade. Este colectivo expuxo as súas propostas para que a sanidade pública galega “rexurda de novo”.

Otero anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento de Galicia para denunciar as condicións de trabalo que manteñen estes traballadores co Sergas. Ademais lembrou que o Grupo Socialista defendeu na Cámara Autonómica unha iniciativa para impulsar un plan de persoal sanitario co fin de rematar coa precariedade dos traballadores, así como un catálogo de servizos mínimos e iniciativas para frear as derivacións á privada. Este iniciativa foi rexeitada polo PP de Feijóo.

Os socialistas afirman que traballarán dende todos os ámbitos que sexa posible para recuperar a calidade perdida na sanidade pública. Otero remarcou que dende o PSdeG-PSOE “apostamos sen reservas por unha sanidade, pública, de calidade e universal”, insistiu.

Manifestación este luns en Burela

Por último anunciou que o PSdeG-PSOE participará, o vindeiro luns dia 12 de agosto, na manifestación quer este colectivo ten convocado diante do Hospital da Costa de Burela ás 12:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.