Juanka continuará a ser un dos referentes ofensivos do Calvo Xiria

Juan Carlos Rodríguez “Juanka” (Carballo, 1999). Polivalente xogador que se desenvolve en calquera posición da primeira liña

Será a 3ª tempada no equipo sénior para un xogador que está chamado a ser un dos homes importantes no plano ofensivo, tras unha campaña na que estivo lastrado por unha doenza no ombreiro. Juanka foi na súa etapa xuvenil subcampión de España coa selección de Galicia, sendo o máximo goleador do campionato e elixido mellor lateral esquerdo.

Juanka é Técnico en Actividades de Ocio e Tempo Libre e traballa como adestrador nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.