Manuel Baltar rcibe a medalla da cofradía do Viño de Monterrei

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte en Verín, a medalla da cofradía do Viño de Monterrei no transcurso da inauguración da XIV edición da Feira do Viño desta Denominación de Orixe, trala visita aos diferentes stands presentes na celebración que terá lugar do 9 ao 11 de agosto.

Na inauguración tamén participaron a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, quen entregou a medalla de novo cofrade ao presidente da Deputación de Ourense; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, encargado de entregar outra das medallas de novo cofrade a Luis Cid Congil; e o conselleiro de Medio Rural, José González, quen entregou a medalla de novo cofrade a Paula Vázquez. O pregón desta XIV edición correu a cargo de Rubén Ríos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once + seis =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.