Marta Rodríguez: “Os 700 millóns de euros que o Goberno central lle adebeda a Galicia “ e un desprezo sen precedentes que está poñendo en xogo os servizos públicos galegos”.

A voceira popular de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, indicou hoxe que un dos retos máis importantes do novo curso político será a tramitación no Parlamento da lei de impulso demográfico, que contará con compromisos orzamentarios concretos e que para executar as medidas que inclúe prevese un investimento anual de máis de 700 millóns de euros que o Goberno central lle adebeda a Galicia “ e un desprezo sen precedentes que está poñendo en xogo os servizos públicos galegos”.

Marta Rodríguez indicou que o problema demográfico é o maior desafío que afronta Galicia a medio e longo prazo e “desde o PPdeG levamos falando deste problema desde fai tempo e o presidente Feijóo situou a cuestión entre as máximas prioridades do Goberno galego”. Así, recordou que no 2013 aprobouse o Plan de Dinamización Demográfica de Galicia, que a oposición abandonou a Comisión que o estaba tramitando e no 2016 constituíuse o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica.

Neste Observatorio están representados os partidos políticos, as administracións públicas, organizacións sindicais, empresariais e sociais, universidades e expertos que en decembro do 2018 aprobaron por unanimidade as liñas estratéxicas que serviron de base para a elaboración da lei de impulso demográfico, cuxo inicio de tramitación foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 27 de xuño.

“O PSOE de Gonzalo Caballero ten que explicar por qué están poñendo en xogo os servizos públicos dos galegos non apoiando a reclamación da débeda e convertendo aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do conxunto de España” 

A lei, segundo Marta Rodríguez, pon foco na conciliación laboral, na implicación das institucións e no reforzo de medidas para favorecer a vida nas comarcas rurais. Establecerá, entre outras medidas, unha análise anual sobre o impacto demográfico en Galicia ,e a colaboración e cooperación entre administracións, así como co sector privado. Tamén implantará medidas na contratación pública, nas políticas activas de emprego, na política de vivenda, no apoio ás familias, na conciliación ou na política de retornados como solución rápida, eficiente e pragmática ante a imposibilidade de mellorar a corto e medio prazo os índices de fecundidade .

“Trátase dun texto legal que nace con vocación de consenso, xa que as liñas mestras de actuación foron aprobadas por unanimidade no Observatorio de Dinamización Demográfica , a Xunta aspira a contar coa colaboración de concellos e deputacións e desde o Parlamento a que obteña o respaldo unánime da Cámara” di Marta Rodríguez Arias.

COMPROMISO ORZAMENTARIO E AGRAVIOS CON GALICIA

A lei, indica a voceira de Asuntos Sociais, contará con compromisos orzamentarios concretos, así para executar as medidas prevese un investimento anual de máis de 700 millóns de euros. “Unha cantidade equivalente ao que o Goberno do Estado lle adebeda a Galicia nun problema sen precedentes, xa que deses 530 xa están incluídos nos Orzamentos de 2019”.

Marta Rodríguez Arias criticou que o PSOE de Gonzalo Caballero “ten que explicar aos galegos a súa abstención na iniciativa que foi apoiada por todos os grupos e na que se abstivo que reclamaba o pagamento ao Goberno central, teñen que explicar por qué están poñendo en xogo os servizos públicos galegos: Sanidade, Educación e Servizos Sociais”.

“Non vamos a permitir que o Goberno de Pedro Sánchez pretenda converter aos galegos en vítimas do bloqueo político e institucional do conxunto de España, nin que os socialistas usen o Executivo central para facerlle oposición á Xunta senón que seguiremos reclamando o que nos corresponde denunciando a lista de agravios aos que teñen sometida a Galicia” indicou a voceira popular.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.