Moeda de cambio: Pesca galega? Por Piñeiro Docampo Sº Xeral de CxG

Eran aqueles tempos en que todos coñecemos a famosa “prima de risco”, ese sistema macroeconómico do estado para financiarse, cando un triunfante pero gris Zapatero anunciou que China invertía 9.000 millóns de euros en salvar a España do rescate. O que se esqueceu de contar era o motivo de que China fose tan xenerosa, supoño que non polas dotes de Zapatero, pero imos vendo. Hoxe parece ser que a potencia asiática ten o 20% da nosa débeda soberana.

Dende aquela, os intereses do maior estado comunista mundial en Africa foron medrando no relativo a pesca. Acordos con estados do corno africano e fortes inversións en portos e infraestruturas, iso si a o bo sistema de crédito comunista. Mauritania, Santo Tomé e Príncipe, Guinea-Bissau, Serra Leona, Namibia, Gabón, Camerún, Somalia e Angola teñen xa acordos de pesca coa China. E a expansión segue.

Son máis de 2.500 buques de gran altura os que abastecen a súa demanda interna  e dominan máis dun terzo do total de capturas mundial na actualidade, mais non cobren de ese xeito a totalidade da demanda propia. É segundo analistas dos EUA, unha estratexia militar da república popular é controlar o abastecemento interno de peixe e de ese xeito actúan.

Non é preciso contar que a maior flota mundial nos anos 1980 era a de España e a maior proxección en augas non xurisdicionais era a flota Galega, con moitos intereses en Africa. Intereses que non  sempre foron ben defendidos dende Madrid e Bruxelas, cuestión que fai que a flota galega estean en constante risco na actualidade diante dunha situación xurídica inestable nas relacións UE e Africa. Baleiro que aproveitou a flota asiática.

China está na actualidade mirando cara América do Sur, e os seus caladoiros, hoxe explotados de forma ordenada e sostible pola nosa flota de gran altura, pero ó igual que Gran Sol ameazados polo Brexit e as posibles consecuencias.

A resposta dos gobernos do estado é tímida, en ocasións incluso de costas ó sector  e tomando medidas que propician o abandono das empresas da loita por unha actividade que en Galicia ten un forte impacto, a aposta forte da UE é a acuicultura e o peso da pesca na estratexia europea de España é menos que pouco. No relativo a Galicia temos que entender que a pesca é parte da nosa propia identidade e parte da forma de vida do noso pobo e tamén é un motor económico importante, polo que urxe un grande pacto político pola pesca galega e unha unidade de acción entre políticos e sectores implicados para ter peso en Bruxelas.

Da que pensar: a República Popular China soamente mercou débeda? Ou tiña moeda de cambio, a pesca galega?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.