Movemento Galego ao Socialismo “Moncho Reboiras: na memoria e na acción” o 12 de agosto no cemiterio de San Xoán de Laiño

Máis un ano, desde o Movemento Galego ao Socialismo chamamos a acudir este 12 de agosto ao cemiterio de San Xoán de Laiño, (Imo, Concello de Dodro) para celebrar un acto político de homenaxe á figura e o exemplo militante de Moncho Reboiras, asasinado pola policía española hai 44 anos. 

Baixo o lema “Moncho Reboiras: na memoria e na acción”, organizamos esta actividade para honrar a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, reivindicando a vixencia do seus principios e dos obxectivos polos que el deu a vida, para proxectalos na acción revolucionaria do noso tempo e avanzar no camiño cara á liberación nacional e a xustiza social.

As actividades comezarán no cemiterio ás 13h co seguinte programa:

INTERVENCIÓNS

 *   Xoán Bautista Mariño, concelleiro do BNG de Dodro que participou de cativo no enterro de Moncho Reboiras hai 40 anos, nunha parroquia tomada pola Guardia Civil.
 *   Xosé Rodríguez, da Mesa Nacional da organización xuvenil Isca!
 *   Nemesio Barxa, que desde anos 60 exerceu de avogado de militantes nacionalistas represaliadas/os.
 *   Lucía Freire, da MN do MGS e da Executiva Confedera da  CIG.
ACTUACIÓN en acústico do Raiba

XANTAR POPULAR ao remate do acto, que celebraremos na carballeira acondicionada a 150 metros, amenizado con gaiteiros.
A ligazón da información na web é: https://mgs.gal/inicio/homenaxe-moncho-reboiras-2019/


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.