Nava Castro salienta a aposta de Galicia polo mercado chinés na presentación do destino galego ante estudantes do IESIDE

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu en Santiago de Compostela a un grupo de estudantes chineses e españois graduados no IESIDE Business School

Alí puxo de manifesto a aposta de Galicia polo mercado chinés dun xeito transversal, tanto desde o punto de vista económico como tamén turístico destacando a súa importancia estratéxica.

Recordou que se trata dun mercado emerxente e que a Xunta participa en diferentes feiras e foros chineses para potenciar a súa visibilidade, especialmente promovendo a oferta cultural e de natureza, o turismo de costa e de compras e, de xeito especial, o Camiño de Santiago e a Ruta da Camelia polo seu gran potencial entre os turistas chineses.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 + 10 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.