Novo logotipo e imaxe corporativa da Escola Base Xiria e Campaña de Socios Tempada 2019/20

Onte foi presentado o novo logotipo e imaxe corporativa do Club e tamén a Campaña de Socios Tempada 2019/20.

De esquerda a dereita: Diego Iglesias (Xerente de Don Clic), Carlos Taibo (Directivo de EB Xiria), Alvaro Enríquez (Director de Marketing), Marcos Díaz Molk (Presidente de EBX) e Rebeca Domínguez (Deseñadora Web de Don Clic e autora do Cartel).

CAMPAÑA DE SOCI@S, un ano máis foi realizada pola empresa carballesas DON CLIC. No deseño do cartel, como “xogador franquicia” persona e que representa oa Club, está o capitán do Senior Liga EBA Manu Rey. O restante material da Campaña,  componse de Dítico (con prezos dos carnés) e información como abonarse, banner e cambios do deseño na Web e imaxes de Redes Sociais.

NOVO LOGOTIPO OFICIAL, representa un novo estilo, mas futurista e adaptado ao baloncesto. Conservando en grandes letras a palabra “XIRIA”, engade o nome do concello de Cabrallo, así coma o ano e unha landra con follas da carballo. Un balón de BALONCESTO para identificar o noso deporte e un birrete académico, que remarca o concepto de “Escola Deportiva” e a prioridade coma Club de Base. Uns cornos (dun xabarín con “X”), que representan a palabra Xiria (garra, coraxe, ansia, gañas, esforzo…), moi utilizada en determinadas zonas de Bergantiños cos significados anteriores e tamén conserva o color verde Xiria moi característico, así coma o  laranxa na utilizado ata o de agora.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.