O alcalde de Ourense visita a feira medieval de Santa María da Feira con vistas á organización da Semana Celta, coincidindo co San Martiño

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, foi recibido hoxe polo presidente da Cámara Municipal de Santa María da Feira, Emídio Sousa, quen tivo a oportunidade de amosarlle sobre o terreo a maior feira medieval da Península Ibérica, un evento que se prolonga durante 11 días e recibe 400.000 visitantes.

A localidade portuguesa pertence ao distrito de Aveiro, ten 140.000 habitantes e forma parte das cidades do Eixo Atlántico. Un de cada tres visitantes de Santa María da Feira provén de Galicia.

O alcalde ourensán tomou boa nota da organización deste evento de cara ás actividades que se van a organizar en Ourense nos vindeiros meses, como conveter a festividade do San Martiño na semana Celta de España. Neste sentido, adianta o rexedor, xa se traballa nunha feira de degustación vitivinícola con presenza das catro denominacións de orixe de Ourense.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.