O BNG oponse á implantación de peaxes nas autovías que propón o Goberno central en funcións

Rodil cualifica de “regresiva” a medida porque obrigará aos galegos e galegas a pagar dúas veces

O BNG  oponse rotundamente á implantación de peaxes nas autovías que cualifica de medida regresiva e cunha finalidade meramente recadatoria que obrigaría as galegas e galegos a pagar dúas veces, afirma a parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil.

O  BNG manifesta a deputada, pide ao goberno do Estado español que cese na teima de implantar peaxes nas autovías.“A cidadanía xa contribuímos cos nosos impostos á construción e mantemento destas infraestruturas” e Galiza xa se pronunciou de maneira contundente en contra deste tipo de medidas.

Rodil lembra que o Parlamento aprobou, por unanimidade, unha iniciativa impulsada polo Bloque Nacionalista Galego, no mes decembro na que amosabamos a nosa rotunda oposición á intención do goberno central de estabelecer peaxes nas autovías. A deputada reitera que a medida “é regresiva”, establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como  as infraestruturas viarias, “pon en risco a seguridade viaria e  supón un atranco para o  desenvolvemento económico e cohesión social na Galiza.”

“Se o que se pretende é abordar a situación das autoestradas, dende o BNG exiximos ao   Goberno español que desbloquee canto antes a transferencia da AP-9 para que sexa dunha vez galega e poidamos liberala das abusivas peaxes que converten esta infraestrutura nunha das máis caras de Europa”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − 9 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.