O @BNGACorunha lémbralle  Ministra de Industria que é preciso manter os postos de traballo e actividade da empresa Isowat na cidade da Coruña

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña aproveitou a visita da ministra de Industria do Goberno do Estado Español para lle lembrar que é preciso manter os postos de traballo e actividade da empresa Isowat na cidade da Coruña.

O Bloque lembra que en decembro de 2018 o Pleno do Concello da Coruña aprobou unha moción na que se instaba a Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a conformar, xunto co Concello da Coruña, unha fronte institucional común en defensa do emprego e do mantemento da actividade industrial en Isowat.

“Hai 85 familias que dependen da continuidade da factoría Isowat. A antiga Isolux Galicia, hoxe Isowat, situada no Polígono da Grela desde 1963, é unha planta altamente rendíbel, que recibiu cartos públicos en axudas, con carga de traballo para os vindeiros anos, pioneira tanto pola formación e experiencia do seu cadro de persoal como pola súas patentes grazas ás cales os seus produtos son solicitados internacionalmente. Porén, empresa está en concurso de acredores porque o que se produciu desde que a actual propietaria adquirise Isolux Galicia foi un saqueo sistemático, tal e como sinala o informe concursal”, sinalan as nacionalistas.

Para o BNG, a cidade, a comarca e o país precisa un sector industrial forte e un impulso a la economía industrial escasa no conxunto de Galiza onde só o 6% das empresas se dedican á transformación de materias primas e o seu peso é do 19% no valor engadido bruto e é preciso poñer o foco en áreas produtivas con forte compoñente de innovación que sirvan ademais para crear unha saída laboral de calidade ao capital humano de cualificado que xera o sistema educativo galego.

A formación nacionalista lembra os datos ofrecidos polo Club Financeiro no seu “Informe de conxuntura económica” son concluíntes economía coruñesa practicamente é monocultivo: na Coruña o 83,1% da nosa economía é de servizos (centrada no comercio, o transporte e a hostalaría) e, polo tanto, as cifras de actividade industrial son máis escasas cun peso tan só dun 9,5%.

“O conxunto das Administracións públicas, cos seus gobernos á fronte a comezar polo municipal, seguindo polo galego e polo estatal, temos que ofrecer solucións para evitar a desertización industrial do noso país e particularmente da nosa cidade xa que é insostíbel unha economía exclusivamente de servizos, detrás ten que haber necesariamente un sector industrial, que ademais é o que habitualmente ofrece empregos de calidade”, conclúen as nacionalistas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.