O Concello de Ourense activa a campaña para desprazar a colonia de 10.000 estorniños que se atopan actualmente na cidade

O Concello de Ourense pon en marcha unha campaña fronte á invasión de estorniños na cidade. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e Juan Fraga, responsable da empresa Larus Control, explicaron esta mañá as intervencións que se levarán a cabo para desprazar a colonia de estorniños que se atopa en Ourense coa finalidade de poñer fin ás molestias que a proliferación destas aves lle ocasiona á cidadanía ao xerar excrementos, ruídos e impedir gozar dos diferentes espazos públicos onde se asentan.

A campaña aposta por implementar medidas “ecolóxicas e naturais”, subliñou o alcalde, “que se teñen comprobado eficaces noutras localidades”, e que permitirán poñerlle fin a un problema que se leva rexistrando en Ourense “durante máis dunha década”, dixo.

En Ourense está asentada na actualidade unha poboación duns 10.000 estorniños, entre os autóctonos e os chegados doutras localidades. A súa presenza irase incrementando até o mes de marzo, polo asentamento de máis aves que migran desde o norte de Europa atraidas pola calor, a existencia de espazos protexidos e a luz artificial.

O obxectivo da campaña non é eliminar estes animais, senón desprazalos: “conseguir que non estean a gusto na cidade e se vaian a outras zonas a pernoctar”, manifestou o responsable da empresa, Juan Fraga. Os traballos comezarán coa elaboración dun censo coas zonas máis conflitivas.

A partir de aí comezarase coas intervencións, en horario nocturno para evitar interferencias, cando os estorniños descansan. Serán soltas de aguias Harris, especie procedente do norte de América e depredadora natural -e inofensiva para a especie humana-, que asusten e incomoden os estorniños. Tras esta primeira fase, utilizaranse tamén outras técnicas coma o uso de sons, luces ou efectos ópticos.

Os traballos terán continuidade durante varios meses, xa que obxectivo non é só que se despracen as aves que xa se atopan na cidade, tamén evitar que cheguen a establecerse aquí novos exemplare

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once + doce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.