O Concello de Ponteceso elabora un mapa de cobertura da telefonía móbil para poder xestionar as melloras precisas en todo o concello

O Concello de Ponteceso está a elaborar un mapa de cobertura da telefonía móbil coa finalidade de xestionar as melloras precisas dentro do convenio que teñen asinado a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG).

Para que o mapa sexa o máis detallado posible é precisa a colaboración veciñal. Por iso, se na túa rúa, aldea ou parroquia hai problemas de cobertura podes comunicalo a través do número de teléfono 981 714 000, indicando a localización exacta do problema. Todos os datos servirán para planificar as actuacións necesarias de cara á mellora do servizo de telefonía móbil.

As persoas interesadas en colaborar teñen de prazo ata o día 11 de agosto.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.