O Concello pídelle á Xunta que revise conxuntamente con Mobilidade o proxecto de explotación de liñas para o seguinte decenio

Mobilidade ve necesarias reunións periódicas co Goberno autonómico para consensuar un plan que sufriu modificacións e do que precisan máis información dada a repercusión que terá no tráfico da cidade, tras o aumento de 20 liñas

A Concellaría de Mobilidade pide á Xunta que se reúna co Concello para definir o proxecto de explotación dos servizos públicos de transporte regular dada a repercusión que terá na cidade nos próximos dez anos e que na actualidade está en fase de exposición pública.

O Concello ve necesaria unha negociación conxunta antes de que se saque a concurso, polo que solicitan que desde o Goberno autonómico se aumente o período de tempo estipulado para presentar alegacións co fin de analizar conxuntamente e en profundidade os cambios efectuados, xa que o plan difire do vixente de accesibilidade do transporte metropolitano á cidade.

 O documento ao que teñen acceso desde Mobilidade tampouco inclúe unha comparativa entre o existente e a nova proposta da Xunta e isto dificulta o estudo de cara a saber cales son as modificacións reais da mesma. Polo miúdo, a concellaría denota un aumento das liñas previstas e a incorporación de dúas circulares que non había no actual.

Descoñecen, por tanto, como afectará ao tráfico a presenza de alomenos 20 liñas máis, segundo interpretan da documentación.  A idea é planificar en consenso un servizo do que desapareceron liñas e no que detectaron outras novas, incluso no que algunhas se duplicaron.

Á vista do seu alcance a nivel de tráfico, desde o departamento demandan máis información ao respecto porque pode interferir na propia dinámica urbana xa saturada en Entrexardíns, onde fan parada os autobuses.

Sinalan que cada vez máis é necesario abordar unha reordenación xeral do transporte público de forma sistemática entre os entes locais implicados e a Xunta. Por iso, cómpre o máximo diálogo para mellorar substancialmente a mobilidade da cidade, tendo en conta a posta en marcha da estación intermodal como intercambiador principal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.