Oleiros. Aberto o prazo de inscrición para a visita guiada á exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

A sala de exposicións do Castelo de Santa Cruz alberga ata o 31 de agosto a mostra Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia. A exposición recolle en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou Anderson nas súas expedicións en Galicia entre os anos 1924 e 1926.

Aquelas persoas interesadas en participar nunha visita guiada a esta mostra poderán facelo o martes 20 de agosto, ás 19:00 horas. Para participar é necesario apuntarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 610 000 ou do correo electrónico cultura@oleiros.org. A visita é de balde e as prazas son limitadas, por rigoroso orde de inscrición.

Foto Portada: Carnota. Grupo de lecheras “viudas de vivos” emigrados a América.
Fuente de la il.: gciencia.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.