Os equipos feminino e masculino de Cabo de Cruz gañan a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

 Os Clubs de Remo Cabo de Cruz foron os gañadores da I edición feminina e da XXX masculina da  Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña.

Na categoría masculina, e cun tempo de dezaoito minutos e cincuenta segundos, a embarcación boirense superou en sete segundos ás de Ares e Rianxo, que chegaron segunda e terceira, respectivamente, con escasa marxe de diferenza.

Por outra banda, na categoría feminina o Club de Remo Cabo de Cruz logrou conseguir a I Bandeira de Traíñas feminina con un tempo de vintiun minutos e dezanove segundos, impoñéndose ao Náutico de Ribeira, Regatas Perillo e Mar de Mugardos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a responsable de deportes, Cristina Capelán, foron os encargados de entregar as bandeiras ás tripulacións das embarcacións gañadoras.

A clasificacilón quedou do seguinte xeito:

Categoría feminina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  21´19´´64

2º clasificado: Náutico de Ribeira. Tempo: 21´44´´47

3º clasificado: Regatas Perillo. Tempo: 22´37´´88

4º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo: 23´25´´40

Categoría masculina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  18´57´´69

2º clasificado: Club do Mar Ares. Tempo:  19´04´´03

3º clasificado: Club Rianxo. Tempo:  19´30´´13

4º clasificado: Mariñeiro de Mera. Tempo:  19´34´´66

5º clasificado: Esteirana. Tempo:  19´35´´43

6º clasificado: Cabana-Ferrol. Tempo:  20´00´´13

7º clasificado: Club de Remo Muros. Tempo:  20´06´´06

8º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo:  20´11´´70

9º clasificado: Club Regatas Perillo. Tempo: 20´28´´16

Este ano, os premios ascenderon a 20.800 euros, para as dúas categorías,  con 2.500 euros para primeiro clasificado e 800 euros para o noveno. Os premios teñen a mesma contía para os catro primeiros clasificados , tanto na categoría feminina como masculina.

Por primeira vez esta competición deportiva non se desenvolveu en augas costeiras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.