Os índices de criminalidade do Concello de Oleiros mantéñense por debaixo da media da provincia

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo Ansorena, e o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, copresidieron esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade, que celebrou unha sesión ordinaria. Xunto a eles, asistiron a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, María Isabel Álvarez García; a primeira tenente alcalde do Concello de Oleiros, María José Varela; o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Jambrina acompañado polo tenente xefe do Posto da Garda Civil de Oleiros, Francisco Javier Fernández; o inspector xefe provincial da Policía Autonómica, Antonio Neto; o xefe da Policía Local de Oleiros, Miguel Viqueira.

Na reunión analizouse a evolución da seguridade cidadá no Concello, que se mantén nuns niveis estables de seguridade, máis de 15 puntos por debaixo da taxa media do conxunto do Estado. Entre os datos máis chamativos destaca a redución de roubos en vivendas e o incremento do número de delitos resoltos.

Nos últimos meses está a producirse un incremento das fraudes a través de internet. Para evitar posibles casos, o Concello, en colaboración cos Garda Civil, xa realizou diferentes accións formativas en centros de ensino e entre a poboación maior de 60 anos.

No encontro tamén se destacou a excelente coordinación existente entre a Garda Civil e a Policía Local nas seguintes materias: seguridade cidadá (a través da colaboración na realización de inspeccións de persoas e vehículos); seguridade viaria e prevención e loita contra a violencia de xénero. Respecto deste último tema, os asistentes destacaron o papel activo que desempeña o corpo da Policía Local no seguimento e protección de vítimas de violencia de xénero neste municipio.

O alcalde aproveitou a ocasión para reiterar a necesidade de que o Goberno central licite a obra do cruce de Sol y Mar, dados os problemas de tráfico que está situación está a causar na circulación da localidade de Perillo e para milleiros de cidadáns da comarca que circulan a diario por este punto da N-VI.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 − tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.