Os socialistas de Portomarín cualifican a visita de Feijóo de “inutil” “non adquiriu nin un sò compromiso coas veciños e veciñas da Vila”

A Voceira socialista de Portomarín, Silvia Rodríguez cualificou a recente visita de Feijóo a vila como “inútil”, xa que asegura “non adquiriu nin un sò compromiso coas veciños e veciñas da Vila”. Rodríguez fixo esta afirmación tras a visita de Feijóo á Portomarín, no que mantivo un encontro cos usuarios dun campamento de verán no novo espazo recentemente bautizado como Parque Parabéns.

Rodríguez lembrou que o premio Parabéns (polo que foi remodelado este parque) é concedido aos Concellos e Galicia para iniciativas encamiñadas a conservar, mellorar e embelecer aos núcleos de poboación polos que transcorre o camiño de Santiago. “O novo parque da vila non reúne ningún dos obxectivos deste premio como pode comprobar calquera visitante ou calquera veciño, xa que o formigón é o protagonista deste novo espazo, e pode definirse como un autentico mamotreto ”, insistiu.

A voceira socialista pregúntalle a Feijóo “si comprobou o desastroso estado no que quedou a remodelación deste Parque, un espazo que non serve absolutamente para nada, e onde se investiron 400.000 euros de todos os galegos. Ademais esta remodelación, que a día de hoxe segue sen rematar, xa esta certificada e pagada”, espetou.

Nesa liña Rodríguez insiste nas súas criticas “seguro que o Presidente Feijóo puido comprobar en primeira persoa como o Parque Parabéns non reúne as mínimas condicións de accesibilidade que marca a normativa”.

A Voceira Socialista demándalle a Feijóo e ao Alcalde de Portomarín que “non veñan a sacarse fotos ao noso Concello, senón que aproveiten as visita para anunciar compromisos firmes e decididos cara o crecemento económico da nosa vila. Os veciños e veciñas non precisan campañas de promoción, Portomarín necesita emprego, fixar poboación e boas vías de comunicación. Traballen nese camiño e déixense de retratos”, resumiu.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis + cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.