Ourense. Corenta nenos e nenas da cidade participan desde hoxe no Campamento de Verán que organiza o Concello en Porto do Son

O alcalde de Ourense en funcións, Jorge Pumar, e a concelleira de Xuventude, Flora Moure, saudaron esta mañá a rapazada da cidade que participará no campamento de verán que organiza o Concello na localidade coruñesa de Porto do Son. O campamento é unha iniciativa da Concellería de Asuntos Sociais que se leva a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia.

Son en total 40 nenos e nenas da cidade de familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que desde o día de hoxe desfrutarán dunhas vacacións de na praia. A rapazada, acompañada do equipo de monitores e monitoras, saiu en autobús desde a Alameda cara ao seu destino, o campamento Virxe de Loreto, en Porto do Son, no que desfrutarán das instalacións, da praia e dunha chea de actividades, fundamentalmente de ocio e tempo de lecer, que se desenvolverán durante os próximos días.

O alcalde en funcións, Jorge Pumar despediu a nenos e nenas, convidándoos a que “desfruten destas vacacións e sobre todo que sumen valores, que é o máis importante á idade destes nenos”. Tamén lles agradeceu ás familias que os apuntaron nesta actividade, e a colaboración da Xunta de Galicia que fai posible que o Concello volva un ano máis ofertar esta actividade.

Campamento Urbano

A continuación, o alcalde en funcións, Jorge Pumar, a concelleira de Xuventude, Flora Moure, o concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, e o concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Álvarez, saudaron a rapazada que participa no Campamento Urbano que organiza a asociación Amencer coa colaboración do Concello.

Nenos e nenas congregáronse nas escalinatas da igrexa de Santa María Nai nesta xornada coa que remata unha nova edición, xa a número 32, desta tradicional actividade, que cada ano pon á disposición da mocidade ourensá unha proposta gratuíta, aberta, continua, participativa e de lecer durante o verán na cidade.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.