Patricia Vilán: “A Xunta está obrigada a buscar alternativas viables para Vulcano”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama ao goberno galego que se afane en buscar alternativas viables para resolver a situación de Vulcano e frear o ERE extintivo que ameaza aos 69 traballadores do estaleiro vigués

A responsable socialista sinala que “o goberno galego e toda a Administración autonómica debera dar unha resposta ante esta situación, impedindo que finalizase a relación contractual cos traballadores e apostando pola aparición dun posible inversor”.

Vilán quere que o Executivo explique na Cámara autonómica de forma detallada as supostas xestións que debera ter emprendido ata o momento para resolver a situación da empresa e na busca de posibles inversores, así como “que vai facer a partires deste momento para manter a actividade industrial e os postos de traballo”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.