Paula Prado: “Estanse a xerar tensións de tesourería e os socialistas galegos son cómplices desta asfixia económica”

A vicevoceira do Grupo Popular Paula Prado indicou hoxe en rolda de prensa que se están a xerar “tensións de tesourería e os únicos responsables desta asfixia económica son os socialistas coa complicidade dos socialistas galegos, que defenden a actitude de Pedro Sánchez e os seus ministros de non darlle a Galicia os cartos que lle corresponde”

Deste xeito falou do “desprezo que amosan con Galicia desde o Goberno de Pedro Sánchez, impedindo que se fagan as entregas a conta xa orzamentadas de 530 millóns de euros, que sumados ás cantidades do IVE, son 700 millóns de euros de todos os galegos e galegas”.

Mentres, indicou Paula Prado, “asistimos a anuncios sorprendentes sobre outras medidas que sí se tomarían polo Goberno en funcións aínda que suporían unha modificación orzamentaria”. Deste xeito sinalou o anuncio da subida das pensións “coa que estamos absolutamente dacordo” ou as peaxes nas autovías galegas “que poden facer aínda estando en funcións pero se negan a entregar o que deben a Galicia o que representa un insulto á nosa intelixencia”.

Na rolda de prensa celebrada hoxe, Paula Prado respostou aos xornalistas que “o único pacto do PPdeG é cos galegos e as galegas que nos deron a súa confianza en todas as eleccións desde o ano 2009 e sempre con  maioría absoluta, sendo a única opción de centro dereita en Galicia”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.