Paula Prado pide a Gonzalo Caballero que “deixe de ser cómplice da aldraxe do Goberno socialista a Galicia”

 A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado pedíu hoxe aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista de Pedro Sánchez a Galicia, que se poñan de lado dos galegos e das galegas e que lle esixan que deixe as súas vacacións e resolva primeiro os problemas e xestione a devolución dos 700 millóns de euros a nosa Comunidade”.

Paula Prado indicou que “non poden insultar á nosa intelixencia xa que é absolutamente falso que haxa algunha normativa que impida a un goberno en funcións devolver as entregas a conta que se lle adebedan a Galicia”. “Isto non é unha liorta entre partidos xa que hai outras Comunidades Autónomas, gobernadas algunhas por socialistas, que tamén están demandando as súas débedas” indicou a viceportavoz popular.

Paula Prado respostou ás declaracions dos representantes socialistas  Carmela Silva e Gonzalo Caballero  desta fin de semana indicando que “se hai algunha vítima, estas son todos os galegos e galegas que están a sufrir a aldraxe do Goberno do Estado que non é quen de xestionar a devolución dos cartos e, se hai vítimas tamén ten que haber verdugo e o único que hai é Pedro Sánchez que está tratando de asfixiar a nosa economía”.

“O resto son cortinas de fume para non atender ás peticións das Comunidades Autónomas do que lles corresponde e ademais, no caso de Galicia, da reclamación  por ser unha Comunidade cumpridora” indicou Paula Prado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + 14 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.