Podemos esixe á Xunta e ao Concello de Pontevedra que deixen de apoiar as touradas

Podemos Galicia esixiu hoxe á Xunta e ao Concello de Pontevedra que deixen de apoiar as touradas, especialmente as que se celebran esta fin de semana na cidade con motivo da feira taurina. Os portavoces da formación lembraron que as corridas contan co rexeitamento maioritario da cidadanía galega.

 O deputado de Podemos e portavoz de Medio Ambiente no Parlamento de Galicia, Marcos Cal, e o secretario de Benestar Animal de Podemos Galicia, Rubén Pérez  Sueiras, lembraron que  a retirada de  apoio institucional ten sido determinante para ir rematando coa maioría dos eventos taurinos en Galicia. “Por iso esiximos tanto ao Concello de Pontevedra, gobernado por una coalición de BNG  e o PSOE, como á Xunta, gobernada polo PP, que rematem con calquera tipo de colaboración”, expresaron.

 O  Concello de Pontevedra mantén en vigor un convenio que permite a publicidade das touradas nas rúas da cidade, onde se mantén o único evento deste tipo en Galicia. Un apoio que, ademais de supoñer unha axuda económica para os propietarios da praza de touros, permite a ocupación das vías de Pontevedra con grandes carteis anunciando as touradas.

 Doutra banda, a Xunta negouse a garantir que non enviará a representantes nin membros do seu goberno ás corridas desta fin de semana, como vén facendo nos últimos anos. O PP é a única organización política con presenza no Parlamento de Galicia que segue a apoiar “estes espectáculos anacrónicos que nada  teñen que ver  coa cultura  galega”.

 “Demandamos á Xunta que se manteña neutral e que ningún membro do Goberno galego asista  ás touradas  mentres miles de pontevedresas se  manifestan  pedindo a  súa eliminación”, dixo Marcos Cal. “Ou Goberno  galego debe representar á cidadanía  galega, que  é  maioritariamente  antitaurina”, concluíu.

 Pola súa banda, Rubén Pérez expuxo o exemplo da Coruña, onde o  Concello eliminou os subsidios ás touradas a pasada lexislatura. “É a demostración de que estamos  diante  dun negocio que  só pervive  socializando  custes e fomentando actos bárbaros como o maltrato animal”.

 Seguindo as enquisas realizadas sobre o tema, as touradas contan co rexeitamento da maioría da  cidadanía galega, que só interesan a tan so un 3% das  galegas.  Ese  desinterese increméntase cada ano, como amosa a caida de asistencia ano tras ano: de nove eventos taurinos celebrados en 2014 quedaron sete en 2015 e só  catro en 2016, 2017 e 2018. En 2019 son só tres, quedando as  touradas de Pontevedra como único evento de  entidade en Galicia. Sen embargo tamén segue a  liña decadente, eliminando este ano unha das fins de semana de touradas sustituíndoa por unha  becerrada, que contou cunha escasa afluencia.

 A mellor mostra do rexeitamento social a este tipo de eventos son as máis de 377.000 sinaturas recabadas pola asociación Galicia mellor sen Touradas. Outra asociación, Touradas fóra de Pontevedra, leva dez anos organizando  unha manifestación na cidade á que cada ano asisten máis cidadás. Na deste ano, que Podemos  apoia e  á que asistirán vos  seus representantes,  adheríronse  xa 115 colectivos. Celebrarase o próximo sábado a partir das 20h baixo o lema “Agora abolició” e partirá da praza da Peregrina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.