Podemos propón un referendo que permita prohibir as touradas de Pontevedra

Podemos Galicia insistiu hoxe na necesidade de convocar un referendo sobre as  touradas que confirme o rexeitamento maioritario da poboación a este tipo de eventos tanto en Galicia como no resto de España, e que permita eliminar dos calendarios festivos locais feiras como a que esta fin de semana se celebra e en Pontevedra.

“As enquisas evidencian o profundo rexeitamento da cidadanía ás touradas, e a mellor fórmula para  rachar con este negocio de crueldade é convocar un referendo, unha  ferramenta que reforzaría a prohibición da tauromaquia en Galicia e no Estado español”, asegurou Rubén Pérez  Sueiras, secretario de  Benestar Animal de Podemos Galicia.

Pérez Sueiras instou ao Goberno e ao PSOE “a escoller entre o ultraminoritario lobby taurino,  ao que financia cos Orzamentos Xerais do Estado, e a vontade popular, que di non ao maltrato animal vernizado de patrimonio cultural”. O secretario de Benestar Animal de Podemos Galicia lembrou que o Tribunal Constitucional ven de tombar leis autonómicas que prohibían as corridas, como a tramitada polo Parlamento de Cataluña, apelando ao suposto interese xeral deses espectáculos.

Durante a pasada campaña electoral, Podemos propuxo realizar unha consulta pública sobre as corridas, para que sexan os cidadáns os que decidan sobre o seu futuro. Ademais, comprometeuse a eliminar calquera tipo de subsidio e apoio público a eses eventos.

No caso de Galicia, Pontevedra é a única gran cidade galega onde seguen a celebrarse corridas, dúas esta fin de semana, que contan con apoio público tanto a nivel local como autonómico. O  Concello, gobernado por unha coalición de BNG e PSOE, mantén en vigor un convenio que permite publicitar a feira con grandes paneis por todas as rúas da cidade. A Xunta, en mans do PP, adoita enviar a membros do Goberno galego ás corridas, posicionándose así fronte ás miles de persoas que se manifestan cada ano contra elas.

Así o expuso o mes pasado no Parlamento de Galicia o portavoz de Medio Ambiente de Podemos, Marcos Cal, quen esixiu á Xunta “que se  mantega neutral ante un conflicto social como este”. Cal lembrou que o Partido Popular non quixo aceptar as emendas á Lei de Benestar Animal da oposición “nas  que se pedía a retirada da excepcionalidade das corridas nesa norma”, e que o PP se mantén hoxe en día “como a única organización política de  ña Cámara que segue apoiando estes espectáculos anacrónicos que nada teñen que ver coa cultura galega”.

Podemos apoia a manifestación que partirá este sábado ás 20h da praza da Peregrina, convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, á que xa se adheriron 115 colectivos e asociacións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.