Podemos Sanxenxo solicita unha investigación sobre o incidente de tráfico do pasado 10 de agosto

A nosa agrupación considera que é necesario aclarar o sucedido o pasado 10 de agosto na rúa progreso entre un motorista, un conductor dun patinete eléctrico e un membro da Policía Municipal.
Según a denuncia presentada ante a Guardia Civil, o conductor do patinete foi obxecto de insultos racistas e intento de agresión por parte do motorista. O seu vehículo foi inmobilizado e retirado pola grúa sen ningún tipo de explicación nin copia da denuncia.
Ademáis, cando solicitou nas dependencias municipais a notificación onde constase a infración cometida, obtivo como resposta unha sanción de 500€ pola falta dun suposto “permiso administrativo”.

Presuntamente o motorista recibiu un trato ben distinto, xa que non foi apercibido pola súa actitude e abandonou o lugar sen nin siquera ser identificado polas forzas policiais.
Dende o goberno municipal, o concelleiro responsable, Jaime Leiro, apresurouse en silenciar o asunto indicando que os membros da policía municipal actuaron correctamente e limitáronse a tomar acta do sucedido o que é totalmente incerto.
Podemos Sanxenxo considera que a autoridade debe ser exercida con mesura e equanimidade. As forzas de seguridade deben ser as primeiras en cumprir as leis e os responsables políticos deben velar porque isto sexa así, evitando calquera posible trato de favor.
Non debemos permitir que quede ningunha dúbida sobre a profesionalidade da policía municipal de Sanxenxo e, por iso, esiximos á alcaldía unha investigacion urxente sobre o ocurrido.

Foto: pontevedraviva.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.