@PsoeLugo. 450 nenos dos Ancares quedarán esta semana sen atención pediátrica

A Voceira socialista de Becerreá, Ana Rubinos,  advirte que “hoxe martes dia 13 de agosto, a persoa que atende pediatría no PAC de Becerreá non acudirá o servizo, polo que non estará dispoñible durante toda unha semana”. Así as cousas, os 450 nenos residentes na Comarca dos Ancares que comprende os concellos de Becerreá, Pedrafita, As Nogais, Cervantes, Navia que dependen do servizo de pediatría de Becerreá, estarán totalmente  desatendidos .

Rubinos lembra que “o PsdeG-PSOE de Becerreá xa defendeu unha moción, presentada no Pleno, tras escoitar as sucesivas queixas veciñais, que reclamaban un servizo continuado de pediatría do PAC de Becerreá”.

Sinala ademais que “o PAC de Becerreá ten un servizo de pediatría escaso, xa que só atende aos nenos e nenas os martes e xoves pola mañá, e por un médico non pediatra. O resto da semana este servizo está desatendido, polo que obrigan os pais a deixar de acudir a sanidade pública e, contratar seguros en consultas privadas, que seguramente é o que quere o goberno de Feijoo”, lamentan.

Rubinos acusa a Feijoo e ao PP “de non ter sensibilidade cando se trata de atención primaria no medio rural, xa que desatenden aos mais vulnerables, e non teñen en conta para nada a dispersión da poboación, nin o evidente risco de ter desatendida toda unha comarca na Montaña Lucense”.

Por último afirma que dende o PsdeG-PSOE “queremos que tódolos nenos e nenas do rural teñan os mesmos dereitos que os das cidades, e voltamos a insistir na necesidade imperiosa de designarlle un medico pediatra o PAC de Becerreá, un servizo ao que a administración autonómica esta obrigado a proporcionarlle. Queremos unha verdadeira lexislatura do rural, non unha de pacotilla como a que vende o Señor Feijoo”, concluíu Rubinos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.