San Mamede recupera a súa romaría despois de 12 anos de abandono

Obradoiros da memoria, rutas de sendeirismo, BTT, gymkanas, educación ambiental ou exposicións foron algunhas das actividades que durante os meses de xullo e agosto encheron de actividade a Serra de San Mamede.
“O noso obxectivo foi o de combinar actividades lúdicas, deportivas e de ocio, co inicio dun programa de investigación que servira para explorar as potencialidades da Serra de San Mamede como motor de desenvolvemento local futuro”, afirma Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.
A aposta por poñer en valor a Serra de San Mamede como unha das posibles vías para frear o devalo demográfico que sofre o municipio nas últimas décadas semella firme despois dos esforzos do goberno municipal nos dous últimos meses. “Traballamos en converter Vilar de Barrio nun lugar atractivo para vivir, promovendo hábitos de vida saudables, actividades deportivas para todos os públicos e servizos de conciliación
familiar. Pero tamén necesitamos explorar novos campos de desenvolvemento para procurar afianzar poboación ao tempo que atraemos outra xente nova”, matiza Manuel
Conde.

O rexedor lanzou o pasado mes de xullo o programa “Un verán na Serra” que combinaba actividades lúdicas, deportivas e de ocio, co inicio dun programa de investigación “que sirva para explorar as potencialidades da Serra de San Mamede como motor de desenvolvemento local futuro”

No marco deste programa realizáronse nas últimas semanas diferentes obradoiros da memoria nas aldeas de Rebordechao, Prado, Porto e Arnuide. Centos de persoas achegáronse a estes encontros para realizar unha primeira cartografía dos problemas da Serra, as súas oportunidades e ameazas.
O pasado venres 9 e este mesmo luns 12 de agosto medio cento de persoas realizaron dúas andainas nocturnas co fin de explorar tamén as posibilidades de certificación que tería a serra como destino turístico Starlight. “Así é que pola súa altitude e carencia de contaminación luminosa pensamos que pode ter excelentes cualidades para a observación astronómica”, afirmaba Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.

Este xoves 15 de agosto porase a guinda do pastel coa recuperación da tradicional festa no alto da serra 12 anos despois da última celebración.

çDesta volta combinando fe con espírito deportivo e naturista. É así que o programa da actividade comeza ás 11h no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” con talleres para os máis pequenos, namentres deportistas de montaña BTT e sendeiristas afrontarán o ascenso ata coroar os máis de 1600 metros de altitude nos que se sitúa a capela. Toda vez arriba a xornada rematará cun xantar festivo amenizado por música e xogos populares.

“Temos garantida a participación de máis de máis dun cento de persoas. Queremos que ao rematar este verán a nosa veciñanza de Vilar de Barrio mire con outros ollos a súa serra. Ben como ese lugar de esparexemento simbólico, ben como o recurso para un desenvolvemento sostible do municipio. Antes en exclusiva vinculados ao sector primario e agora abrindo a porta a outras posibilidades”, finaliza Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + 20 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.