Seguridade A1 desminte calquera tipo de atraso no pago de salarios ao cadro de persoal

Seguridade A1, razón social Sistemas de Seguridade A1, está ao día no pagamento das nóminas do persoal e conta cunha situación económica favorable

Despois das informacións publicadas nos últimos días nas que se relacionaba á empresa Seguridade A1 cun atraso no pagamento da nómina aos traballadores, desmentimos rotundamente estes feitos e informamos que o abono dos salarios aos empregados no mes de xullo produciuse, como cada mes, con total normalidade.

O uso do nome, a imaxe ou o logo de Seguridade A1 para ilustrar estas informacións é unha confusión que cremos que pode vir dada pola nomenclatura da empresa á que se dirixen realmente as acusacións: Servizos de Seguridade Integral e de Mantementos A1, empresa que non ten relación algunha nin mercantil nin xurídica nin laboral con Sistemas de Seguridade A1. Sen entrar a valorar as acusacións vertidas á outra compañía, queremos aclarar que a nosa actividade desenvólvese con total normalidade e que non temos ningún tipo de débeda, nin cos nosos empregados nin coa Administración.

Algunhas publicacións facían referencia a unha situación económica delicada e, incluso, se apuntaba que Seguridade A1 figuraba na lista de morosos de Facenda. Sistemas de Seguridade A1 está ao día nos pagamentos á Administración, aos provedores e aos empregados. Actualmente, a empresa conta cunha situación económica favorable.

Debido aos danos ocasionados á nosa imaxe e reputación empresarial que os feitos anteriormente descritos están a producir, rogamos aos medios de comunicación que xa se fixeron eco da noticia que traten de enmendar dito erro. Utilizouse a nosa imaxe/logo para ilustrar unha información errónea. En amparo da Lei 2/1984 de 26 de marzo solicitamos que, por favor, se rectifique e corrixa cunha publicación co mesmo espazo e repercusión aclarando os feitos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.