Seis atletas galegas/os convocados pola Selección Española

Esta tempada que sigue avanzando en canto á actividade atlética, está a convertirse nun ano moi fructífero en canto a presenza de atletas galegos e galegas nas distintas categorías da Selección Española.
No día de onte publicaríase a relación de atletas que tomarán parte no Campionato de Europa deSeleccións europeas e onde se atopan os nomes de seis das/os nosas/os atletas.
Para comezar nos saltos figuran os nomes de Ana Peleteiro en triplo e de Saleta Fernández enaltura, dominadoras do ranking nacional das súas especialidades neste ano con 14.47 m. e con 1.87m. respectivamente . Outra das galegas que encabeza o ranking de maneira autoritaria é Solange Pereira nos 3.000 onde ten acreditados 9:11.24 preto de cinco segundos menos que a segunda clasificada no ranking, a burgalesa Celia Antón.
Mauro Triana está a converterse noutro dos asiduos á selección nacional nos relevos curtos. O seu acople co resto de relevistas e os seus 10.58 como MMT obran ó seu favor.
Por último outra das grandes sensacións da tempada do medio fondo, Adrián Ben, estará tomando parte no encontro en Polonia en calidade de reserva.
A maiores a selección preseleccionaría e chamaría ás portas de Leticia Gil para representar a España na lonxitude no encontro internacional de saltos que enfrontará ós países de Portugal e España o vindeiro día 14 de agosto na capital Lusa. A ela a valdeorresa achégase co título de campioa de España en pista cuberta e a terceira mellor marca por ranking con 6.39 m.  Importante e destacada presenza galega nas distintas convocatorias nos últimos meses
A maiores destas seis novas convocatorias, compre lembrar que nos últimos días do mes de xuño veríamos como nada menos que catro galegos/as tomaban parte no Copa Ibérica Sub18 GoFitcelebrada en Madrid e entre os que se atopaban os/as velocistas Nerea Iglesias e Erik Fernández, Antía Sestelo en xavelina, David Ngwundile nos 400 valos e relevos, así como os adestrdaores Carlos Revuelta e Javier López Viñas
Xullo foi un mes positivo para as/s nosas/os deportistas. A principios do mesmo tanto Carmela Cardama como Esther Navarrete, foron seleccionadas para tomar parte na Copa de Europa dos 10.000 m. acontecida en Londres. No Campionato de Europa Sub23 de Suecia estiveron tomando parte ca camisola española, Antía Chamosa na marcha, Tariku Novales nos 5.000 m., Saleta Fernández en altura e Adrián Ben nos 1.500 m. Sen abandonar o país escandinavo que tamén acollería o europeo Sub20, serían Elian Numa López e Raquel Meaños nos 800 m. así como Nicolás García en disco os que darían acento galego á selección. Por último no “Fesfival Olimpico de la Juventud Europea (FOJE)” celebrado e organizado en Azerbayán, o noso atletismo estaría representadado pola prometedora lanzadora de martelo Irene Gómez.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos + uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.