Un total de 27.409 traballadores do Servizo Galego de Saúde teñen recoñecidos graos da carreira profesional no seu primeiro ano de implantación

Este sistema de recoñecemento profesional, a primeira carreira profesional ordinaria implantada no Sergas, foi aprobado en Consello da Xunta  en xullo de 2018 sobre as bases acordadas na mesa sectorial de sanidade do 6 de xullo de 2018.

En concreto, ata o de agora, un total de 20.506 profesionais do Servizo Galego de Saúde xa teñen recoñecido algún grao de carreira profesional (do I ao IV). A esta cifra súmanse outros 6.903 que están no grao inicial. A este grao poden acceder en calquera momento todos os profesionais que reúnan os requisitos e a súa resolución ten efectos desde o mesmo día da solicitude.

Do total de 20.506 profesionais, 4.745 son persoal licenciado sanitario, 5.483 son diplomados sanitarios, 4.539 son persoal técnico sanitario, e outros 5.739 son de xestión e servizos.

Cómpre lembrar que á carreira profesional ordinaria para o Servizo Galego de Saúde é un proceso voluntario ao que se poden acoller todas as categorías de traballadores (medicina, enfermería, auxiliares de enfermería, administrativos e celadores) así como o persoal dos entes adscritos (ADOS, ACIS, FP 061, Galaria e INGO). É dicir, por primeira vez en Galicia implantouse un verdadeiro sistema ordinario de carreira con equiparación plena dos dereitos de todos os colectivos profesionais sen distinción, xa que ata o de agora existían rexímenes extraordinarios de carreira.

Así mesmo, a carreira profesional do Sergas blinda o pleno recoñecemento económico dos mesmos dereitos para todo o persoal ao incluír ao persoal interino. Esta medida situou a Galicia como unha das comunidades autónomas que recoñece a carreira a este persoal, con plenitude de dereitos ao mesmo nivel que o persoal fixo.

Recoñecemento profesional

Enténdese por carreira profesional o dereito dos profesionais a progresar de maneira individualizada como recoñecemento ao seu desenvolvemento en canto a coñecementos, formación, experiencia, investigación, docencia e outros aspectos relevantes.

O obxectivo do sistema de carreira profesional é recoñecer a achega dos profesionais á mellora da calidade dos servizos sanitarios públicos; distinguir aos profesionais outorgando un recoñecemento obxectivo á súa competencia profesional individual; xerar máis corresponsabilidade e fomentar a cultura do compromiso co sistema sanitario público, promovendo a actualización dos seus coñecementos e competencias e a mellora da súa cualificación.

Entre os obxectivos tamén se atopa o de lograr un maior grao de motivación dos profesionais que permaneza ao longo da súa vida laboral e propiciar, con iso, a mellora dos servizos públicos sanitarios e de xestión.

A carreira profesional é voluntaria, xa que lle corresponde ao persoal decidir si se incopora ao sistema de carreira e o ritmo de progresión nos diferentes graos que a configuran. Tamén é personalizada, progresiva, avaliable, transparente, aberta, irreversible, actualizable e homologable. Independente do posto de traballo que se ocupe, obter un grao de carreira determinado non implica que o profesional cambie de posto de traballo nin a actividade que desenvolve.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.