Vigo vestirase de luces no Nadal desde o 23 de novembro ata o 11 de xaneiro

Abel Caballero informou este mércores de que o vindeiro día 23 de novembro procederase ao acendido das luces de Nadal da cidade e que o apagado será o 11 de xaneiro. O alcalde destacou o elevado número de reservas hoteleiras que xa existen para esas datas na cidade e avanzou que haberá unha noria xigante na zona da Alameda.

A cidade de Vigo estará alumeada polas luces de Nadal desde o día 23 de novembro, ás 20:30 horas, ata o 11 de xaneiro, a mesma hora. Así o confirmou este mércores en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, antes de destacar o elevado ritmo de reservas para a campaña de Nadal nos hoteis vigueses.
“Salvo circunstancias meteorolóxicas o acendido será ás oito e media da tarde e o apagado tamén a mesma hora, pero e que hai tal nivel de reservas que quero dar a data con exactitude para que a xente poida organizar a súa viaxe”, sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero destacou que na plataforma Booking de viaxes online a media de reservas para os fins de semana de decembro xa ronda o 75%. “A tendencia de reservas é inimaxinable, estamos en niveles de destino turístico Golden, está a punto de estar esgotado”, sinalou.
Ademais, o alcalde avanzou que unha das novidades da campaña de Nadal na cidade será unha noria xigante de máis de 60 metros de altura que estará situada na Alameda, no cruce das rúas Colón e Concepción Arenal, onde o ano pasado estaba o moneco de neve xigante

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.